"A solas", Amparo Novas
24 de abril de 2018 ás 12 h
Nave da Música, Barro
Foto: Alexis Rey Jiménez
Título: A solas
Coreografía: Amparo Novas
Música: Myriam Cortizo
A solas é unha peza de danza contemporánea que amosa a fraxilidade e fortaleza dunha muller en situacións críticas.
É unha muller en soidade, consigo mesma, loitando contra os seus medos. Mostra unha muller ás veces afundida polas adversidades da vida, pero que se consegue levantar e tirar para adiante.
É unha peza que visibiliza a discriminación sufrida pola muller, pero mostra tamén a fortaleza intrínseca das mulleres e a súa capacidade de resiliencia.
Amparo Novas
Empezo a miña carreira profesional no ano 1998 na compañía Danza do Noroeste, en Viana do Castelo (Portugal). A partir de aí transitei por diferentes compañías como Druida Danza (A Coruña), Compañía Fernando Hurtado (Málaga), Centro Coreográfico Galego (A Coruña), Sólodos Danza (Galicia-Costa Rica)…
Estou licenciada en Pedagoxía da Danza polo Institut do Teatre en Barcelona.
Actualmente compaxino o labor docente coa divulgación de proxectos propios.