Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Mullieris", Inherente Teatro

20 de xuño de 2018 ás 12 h,
Praza do Concello de Gondomar
(en caso de chuviar no auditorio)

Inherente Teatro

Título: Mullieris

Nesta ocasión, Inherente explora o teatro de rúa cunha proposta chea de contrastes, como é costume na compañía, que non deixa de sorprender con cada unha das súas pezas teatrais. Mullieris reflexiona desde o visual e o poético, sobre a nosa posición no mundo contemporáneo no día a día, partindo desde o cotián en busca dos límites do socialmente aceptado. 

Inherente Teatro

Inherente Teatro foi creada no 2016 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti, tres actrices tituladas pola ESAD de Galicia que sustentan o seu traballo na creación colectiva e nas novas linguaxes teatrais. Coa súa primeira obra, Dramaturxia das Mulheres, foron finalistas no VIII Certamen de Nuevos Investigadores Teatrales en Sevilla. Participaron en numerosos festivais teatrais, como o FETEGA na súa XXVIII edición ou na XXXIV Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas, coa obra Agares que buligan gozando ao son dunha habaneira que non é, creada en coprodución coa Mostra. Combinan o seu traballo como intérpretes con obradoiros formativos de creación escénica e colaboracións con outras compañías en obras de creación.

"(...) A RAG define inherente como aquilo que está unido de maneira inseparable a algo ou alguén. Quizais esa é a nosa máis salientable pauta de traballo: a unión con vós e con nós mesmas".

Galería de imaxes