Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

Compañía Exire: Alba Fernández & Estefanía Gómez

24 de outubro, ás 13 h,
CPI de Mondariz

Compañía Exire

Compañía Exire: Alba Fernández & Estefanía Gómez

Dúo de danza contemporánea/experimental

Percorrido por momentos que quedaron gravados no noso corpo e deixan ver dous seres reais, imperfectos, peculiares, fermosos...

Soltamos o peso da mirada dos outros, abrazamos a propia persoa e recoñecémonos para decidir amosar o que escollemos ser, ao fin e ao cabo gozamos de ser un mesmo... a única persoa coa que se está obrigado a vivir.

COMPAÑÍA EXIRE

Exire é unha compañía de danza urbana e contemporánea que reside na Coruña.

Ten máis de dez anos de experiencia no mundo das artes escénicas, xira por toda a xeografía galega desde o 2006. Está formada por Estefanía Gómez e Alba Fernández, bailarinas e docentes de danza que seguen en constante formación da man de profesionais de proxección nacional e internacional, ademais de impartir obradoiros de danza urbana e contemporánea en diferentes puntos de Galicia.

No ano 2016 a compañía adquire este novo nome, Exire (anteriormente era As Dríadas) con motivo do seu aniversario e co obxectivo de darlle outra perspectiva á formación con novos proxectos e ilusións.