Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"Indiferenza", Paula Fraile

16 de xullo de 2018 ás 11 h
Centro de A Lanzada, O Grove

Paula Fraile

Título: Indiferenza

A acción consistirá na realización dun mural cuxa imaxe final estea baseada nunha serie de reflexións sobre as situacións reais violentas e machistas que viviu persoalmente nos últimos anos. Esta imaxe buscará a oposición á violencia mediante a vibración da cor.

Paula Fraile (Guadalaxara)

É licenciada en Belas Artes pola UCM. Recibiu numerosas bolsas de residencia para artistas en países como Croacia, España, Italia, México, India, Alemaña, etc. Leipzig é o seu lugar de residencia actual dentro do Pilotenkueche International Art Program. Utiliza como medios a pintura, a gráfica e o debuxo; e o formato vai desde o mural ata o lenzo ou a instalación, dependendo do proxecto.

Actualmente realiza a súa obra entre España e Alemaña.

Galería de imaxes