Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Mulleres en acción: violencia zero 2016/2017

Mulleres en acción: violencia zero 2016-2017 é un proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra presente na sociedade.

Esta edición recolle 25 accións de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades (pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance), que se levarán a cabo ata novembro de 2017 en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Marín, Tomiño, Ponteareas, Cambados, Nigrán, A Estrada, O Porriño, Cuntis, Bueu, Salvaterra de Miño, Poio, Soutomaior, A Guarda, O Grove, Caldas de Reis, Baiona, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Vila de Cruces, Silleda, Salceda de Caselas, Meaño e Tui).

As actividades programadas pola Deputación de Pontevedra funcionarán como arma de visibilización e de reflexión, para promover una sociedade igualitaria entre homes e mulleres, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes. Estas accións foron organizadas en colaboración conxunta cos concellos participantes e co apoio de asociacións de loita pola igualdade de xénero.

Última modificación: venres, 22 xuño 2018

Vídeos

#ViolenciaZero - Mulleres en acción: violencia zero 2016/2017

   


Ocurriu un erro interno.