Viki Martins

Viki Martins

Licenciada en Historia pola Universidade Complutense de Madrid e co mestrado en Historia Contemporánea pola Universidade de Vigo. É docente e investigadora na Uvigo e está especializada en cuestións de xénero, especialmente na historia da muller durante o franquismo. Está a realizar unha tese sobre o No-Do en Galicia. O seu primeiro documental é Digna rabia (2011), o testemuño dun grupo de mulleres de tres xeracións distintas que rememoran o impacto que deixou o franquismo nas súas vidas.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras