Uxía Blanco

Uxía Blanco

Licenciada en Xeografía e Historia, é unha actriz e directora de extensa carreira en cinema e televisión. Como realizadora destacan os seus traballos na curtametraxe Querido Tomás, unha adaptación para o cine da novela homónima de Xosé Neira Vilas, así como a videocreación Coser y callar. Como actriz participou en máis de vinte longametraxes, entre as que figuran Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro, Huidos (1993), de Sancho Gracia, e La lengua de las mariposas (1999), obra pola que recibiu o premio AGAPI á mellor interpretación feminina. En televisión desenvolveu papeis en series coma Cuéntame lo que pasó, Policías, Mareas vivas e Serramoura, entre outras. Tamén presentou varios programas sobre cinema na televisión e traballou como actriz teatral en obras coma The days before, Ollares de perfil ou Lavar, marcar e enterrar.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras