Susana Rey

Susana Rey

Doutorouse en Belas Artes. É guionista e realizadora audiovisual con sete premios nacionais e internacionais. Os seus traballos fílmicos exhibíronse en festivais de cine e centros de diversos países. Traballou no equipo de arte de longametraxes coma Los lunes al sol, de Fernando León de Aranoa, A los que aman, de Isabel Coixet; ou Cuando vuelvas a mi lado, de Gracia Querejeta.
Foi seleccionada para realizar varios proxectos de escultura en espazos públicos e subvencionada pola EICTV de Cuba e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para realizar estudos na Escola de Cine de La Habana. Ten varias publicacións de investigación no campo da arte, colabora en prensa e é autora e ilustradora do libro-disco Martiño e o mar e compositora dos seus sete temas musicais. Impartiu clases de Arte e Tecnoloxía no Instituto Español de Lisboa, en Portugal, e na Escola Superior de Deseño de Orihuela; tamén desenvolveu talleres, relatorios e master classes en distintas universidades e foros.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras