Soledad Rebollo

Soledad Rebollo

Naceu en Vigo en 1989. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola URJC de Madrid. Posúe un mestrado en Cine, Televisión e Medios Interactivos e cursa, a comezos de 2016, outro sobre Arte Contemporánea na UVigo, ao tempo que completa o seu doutoramento sobre fotografía dos anos 80 na URJC. Conta cunha grande experiencia na dirección de videoclips musicais; entre os máis recentes figuran De palisandro, para o cantante Miguel Costas, e Si muero esta noche, de Fernando Tato, este último finalista dos premios Mestre Mateo 2015. En 2013 gañou o premio do xurado ao mellor videoclip no Festival de Cans 2013 por Mundo en trance, de Lemuripop.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras