Silvia García González

Silvia García González

Artista e investigadora no eido da arte e das novas tecnoloxías, nacida en Cangas en 1973. Doutora en Belas Artes e licenciada na especialidade de Deseño e Audiovisuais, exerce de profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. De 1997 a 2005 traballou no Centro Galego de Arte Contemporánea, no departamento de Actividades. Exerceu de comisaria en diversas exposicións, coma Relatos privados y espacios públicos, no Museo MAC da Coruña, e  O diálogo creador, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, ambas as dúas en 2013. Tamén comisariou exposicións coma Dende as rúas da memoria, fotografías e espazos públicos en Pontevedra (2012), no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre outras.
Como artista levou a cabo intervencións artísticas coma A cidade dende dentro, na biblioteca da Facultade de Filosofía da USC, e A cidade dende fóra, nunha antiga escola de Bueu, en 2008. Tamén realizou unha instalación na biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea, denominada Os silencios que comeu Alicia (2009). En 2013 participou na mostra "Hacer, diseñar, pensar", no Museo de Artes Decorativas de Madrid.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras