Sheila Broullón

Sheila Broullón

Obtivo o grao de Belas Artes en Pontevedra, cidade na que naceu en 1993, e continuou os seus estudos co mestrado de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Uvigo. Iniciou a súa traxectoria artística coa pintura ao óleo e evolucionou cara a técnicas máis dixitais coma o vídeo, a animación e o deseño. Participou en numerosas exposicións colectivas de xeito colectivo e individual, coma "O libro de artista", na Casa da Xuventude de Vigo, en 2014, na que exhibiu o vídeo experimental Nostalxia. A súa última exposición é unha videoinstalación autobiográfica titulada Eco de recuerdos olvidados (2015), na que expresa a importancia das lembranzas para conservar a propia identidade persoal. Coa súa peza de animación Circle obtivo o segundo premio do Concurso de Creación Audiovisual 2015 da Uvigo, na modalidade audiovisual.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras