Pilar Comesaña Amado

Pilar Comesaña

Na actualidade é editora de contidos dos espazos Música, Planeta Cine e Escena do Zigzag diario da Televisión de Galicia, que ten cinco premios Mestre Mateo ao mellor programa de televisión. Desde principios dos anos 80 traballou en distintos medios de comunicación coma Radio Cadena Española, Faro de Vigo, Diario de Galicia, Antena Semanal, Galicia Moda, Vogue, El Independiente ou El Mundo. Foi editora e directora das publicacións Fronteira, en Vigo, e Magazine Sociocultural Compostelán (1992-2006), en Santiago de Compostela. Nos anos 90 comezou a traballar na Televisión de Galicia como guionista dos programas Mira que vén, Telespectacular, A mañá, De todo corazón e As favoritas, entre outros, e dirixiu os programas Isto é noticia, Lola Corazón, Dezine e Planeta Cine.

Ligazóns aos programas que dirixiu:

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras