Paula Carro

Paula Carro

Actriz de dobraxe e creadora audiovisual nacida en Pontevedra en 1978. Comezou a súa carreira profesional como locutora de radio e de aí pasou á dobraxe. Dirixiu a súa primeira curta no ano 2009, unha peza de serie B titulada Macho Alfa no gabinete do doutor Tirano, de humor surrealista. En 2012 escribiu e dirixiu a curta musical Comic Crossing para fomentar a lectura de banda deseñada. Tamén realizou varios videoclips, entre os que destacan A raia e Cowboy das Rías Baixas, do grupo Santos Morcegos!!!, e Un Novo día en Vulcano, de Camarada Nimoy.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras