Noemí Chantada

Noemi Chantada

Estudou Imaxe e Son en Vigo e completou os seus estudos cunha longa estadía na Escola Internacional de Cine e TV de San Antonio de los Baños, en Cuba. Alí asistiu a clases e seminarios de guión, de narrativa da edición e documental, que completou en España con cursos de workflow en cine dixital e RedOne. Nos últimos 14 anos combina o traballo en diversos proxectos de cine do real, coma A Bella Otero, Atila en Galicia, Flores Tristes ou Nove, a cociña do fin do mundo, coa súa paixón pola dirección de fotografía e a cámara, en traballos coma Espírito Rías Baixas, Introducing Vigo in London, Barosa ou El tiempo futuro, entre outros. Participou en obras para televisión, series de ficción, publicidade, vídeo corporativo, videoclip e documental. A comezos de 2016 atópase en fase de posprodución o seu primeiro proxecto como directora, titulado A muller invisible.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras