Miriam Rodríguez

Miriam Rodríguez

Licenciada en Ciencias Políticas en 2008, posteriormente cursou estudos de Realización Audiovisual na EISV. Durante o seu primeiro ano dirixiu unha curta documental sobre a panificadora de Vigo, que foi exhibida no Culturgal do 2010. A súa curta de fin de estudos Home cobaia, coguionizada e codirixida coa súa compañeira Ale Cid, levou o premio á mellor curta de escolas galegas no Festival Internacional Curtocircuíto 2010.

No sector audiovisual participou en diferentes proxectos como axudante de dirección, axudante de cámara e auxiliar de produción (ou runner) e encargouse así mesmo da montaxe.

En 2012 gañou o primeiro premio de microvídeos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, cun vídeo narrado empregando diferentes técnicas e, desde entón, comezou a interesarse máis pola poética da imaxe. En 2014 recibiu o premio Xuventude Crea de videocreación, o que lle deu máis folgos para seguir experimentando coas imaxes.

Forma parte do colectivo de videopoesía FIINDA xunto co poeta Xabi X. Xardón e co director de fotografía Pablo Kaufmann, no que experimentan coas posibilidades da videopoesía, traballando con materiais visuais, sonoros e verbais e xogando a que estes dialoguen e se mesturen. Unha ducia de videopoemas saíron xa de FIINDA, algúns deles premiados e exhibidos en diferentes espazos e festivais.

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras