Milagros Bará

Milagros Bará

Iniciou a súa actividade no mundo audiovisual en 1984 coa produción Só para nenos, unha curta en 35 mm. Coa produtora Milagros Bará PC, que fundou con Manolo Yáñez, produciu a curta E decímolo ou non decímolo, baseada nun relato de Ánxel Fole, e a videocreación María Soliña. Traballou en diferentes producións, entre elas as videocreacións Galicia Caníbal e Alicia en Galicia, baseadas nos temas de Antón Reixa e dirixidas por Xavier Villaverde, e Noa e Xoana, de Luisa Peláez, entre outras. En 1992 dirixiu O resplandor da morte, unha mediametraxe en branco e negro protagonizada por Roberto Vidal Bolaño que trata un tema social moi galego, cunha linguaxe experimental. O salto á longametraxe deuno en 2002 con Autopsia, da que é guionista e directora, que foi a segunda película filmada en España en alta definición. Nos anos seguintes dedicouse a escribir guións, entre os que destacan Omnipotentis dispositione e Os 99 nomes de Deus. Traballa ligada ao audiovisual como guionista e realizando traballos culturais e comerciais en vídeo e tamén no campo da videocreación.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras