Matusa Barros

Matusa Barros

Naceu en Vigo (1954), cidade na que vive e traballa. Estudou Ciencias Biolóxicas e graduouse na Escola de Artes Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Continuou a súa formación con cursos de vídeo, televisión, iluminación escénica e informática, entre outros. En 1988 recibiu unha bolsa da Consellería de Industria da Xunta coa que sufragou a súa primeira cámara, coa que comezou a crear a súa propia videografía. En 1989 colaborou con Chano Piñeiro nas películas Sempre Xonxa e O camiño das estrelas e participou na primeira edición do Festival Internacional de Vídeo de Vigo, onde entrou en contacto con pioneiros da videoarte europea. En 1990 creou o taller de vídeo experimental Freecauce, do que saíu o documental Alternativas (1992), sobre a emblemática ocupación do cuartel militar de Barreiro en Vigo por parte de activistas do movemento de obxección de conciencia. A súa peza Sentimento (1990) foi seleccionada a competición no Festival Internacional de Vídeo de Cádiz e no Videoformes, en Francia. Participou en diversas mostras colectivas, entre elas, Portas Abertas (2013), a exposición inaugural do Fórum Eugénio de Almeida de Évora. Conta cunha extensa filmografía de videoarte e con obra poética.

Máis información: mgoleta2.webcindario.com

Obras


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras