Mariana Carballal

Mariana Carballal

Licenciada en Arte Dramática e cun posgrao en Estudos Teatrais e Cinematográficos e un mestrado en Teatro e Sociedade, é profesora de Interpretación da ESAD de Galicia e de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. Actriz de teatro, TV e cine, participou en diversas series, entre as máis recentes destacan Casa Manola, Serramoura e Land Rober. Como directora arrancou e dirixiu os 50 primeiros capítulos da serie Libro de familia, da TVG, así como a sit com Escoba!, da que tamén se encargou do guión e a edición, e tamén o piloto de En coma. Tamén foi directora de diversos eventos, coma a Gala dos Premios María Casares en 2009 ou a Gala do Deporte 2011 da Universidade de Vigo. Con esta institución, no marco dun proxecto de innovación educativa, rodou a curtametraxe Carolina Herstchel (2013), sobre a vida desta astrónoma do século XVIII. No eido teatral dirixiu Microteatro para as salas La Tuerka da Coruña, A Regadeira de Adela de Santiago de Compostela e Se abre el Telón de Madrid. Estivo á fronte da VII edición de Teatro Radiofónico da Radio Galega. Tamén realizou diversos traballos como actriz e docente en Ecuador.

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras