Manuela Elizabeth Rodríguez

Manuela Elizabeth Rodríguez,

Naceu en Venezuela en 1990 e reside desde 1993 en Ourense. Cursou o grao en Belas Artes e o mestrado de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo. A comezos de 2016 está a cursar o programa de doutoramento de Creación e Investigación en Arte Contemporánea, sobre a animación. Participou en varias exposicións, entre as que destacan a "Mostra parque de animagem de Brasil", coa obra Flying (2012), "Novos valores de Pontevedra", na que exhibiu a obra Das estrelas (2013), e "Perspectives", na que amosou a peza de animación Sementes do corazón, enmarcada no proxecto Art, Inflammation & Me, da Cátedra Arte e Enfermidades da UPV de Valencia en colaboración coa Escola de Belas Artes de Pontevedra. As súas animacións foron seleccionadas en diversos festivais, coma Cans, Cinemadrid, FICAE e V Picnic Film Festival. En 2013 obtivo o primeiro premio de creación audiovisual do Certame Xuventude Crea coa curta de animación Maiiso, canción de axóuxere. Nos anos 2012 e 2015 obtivo o primeiro premio no Certame de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo. Ademais, conta con diversos proxectos de debuxo, coma a creación de mapas para Camiño: a orixe/The way: the Origin (2015), ou os debuxos da guía educativa O clítoris e os seus segredos, proxecto gañador do primeiro premio de Creación de Recursos Docentes con Perspectiva de Xénero da Uvigo en 2013. En 2015 a súa obra A terra das cores obtivo o premio na modalidade libre do Certame de Torrentjove.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras