Lucía Estévez

Lucía Estévez

Naceu en Vigo en 1994. Tras o bacharelato artístico, no que descubriu que as artes visuais e audiovisuais eran un gran referente no seu traballo, cursou o grao en Comunicación Audiovisual en Pontevedra, período no que desenvolveu os seus proxectos máis persoais e experimentais. Mentres estudaba cunha bolsa Erasmus na Universidade Católica do Porto as artes visuais volveron chamar a súa atención. Durante o grao realizou Cuna, peza documental que se proxectou en Cans 2016, na sección Retratos de Familia.

O que máis lle gusta é indagar na relación do corpo coa natureza, tanto na fotografía coma nas pezas audiovisuais. Busca enriquecer o contorno coa presenza humana. Desta forma naceron Change that Tune, o seu primeiro videodanza, que obtivo varios recoñecementos no festival We Are Ads da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra e no Olloboi Universitario 2016, e Naufragio, unha videocreación realizada no obradoiro Mirar o Río, impartido por Lois Patiño.

Como traballo de fin de grao guionizou e dirixiu a súa primeira curtametraxe, Volver allí. A experiencia na dirección fixo que repetise como directora na webserie Prevenidos.

Traballou en varias películas no departamento de cámara e noutros proxectos de making of e foto fixa.

Máis información: www.luciaestevez.com

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras