Lola Dopico

Lola Dopico

Licenciada pola Universidade de Salamanca e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é profesora nesa última facultade nas áreas de arte, deseño e tecnoloxía desde 1994. A súa carreira profesional está vinculada ás novas tecnoloxías e ao deseño. É impulsora do grupo de investigación de cultura dixital DX7 e membro fundador da Asociación Internacional Artech. Entre as súas últimas videoinstalacións figuran Placebos: Sampling Godard (2004), que formou parte da exposición Arte en Pontevedra 4. Mulleres.

Obras

  • icono Ashaninkas, la defensa de su territorio
  • icono Data Land
  • icono Escenarios de negociación 02
  • icono Placebos: Sampling Godard
  • icono Spot

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras