Lisi González Fontaíña

Lisi González Fontaíña

Nacida en Vigo en 1976, estudou Belas Artes en Pontevedra e dedícase profesionalmente á fotografía, disciplina artística que lle deu varios premios e recoñecementos. Traballou en diversos proxectos e empresas relacionadas co audiovisual, a fotografía e o deseño gráfico. No ano 2010 presentou no festival Filminho o documental De porta en porta, que aborda o mundo da percusión tradicional e das treboadas, fenómeno común a ambos os lados da Raia.

Máis información: http://lisigonzalez.com/


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras