Laura Iturralde

Laura Iturralde

Videojockey, escenógrafa, fotógrafa e iluminadora. É técnica superior en Imaxe pola Escola de Imaxe e Son de Vigo, técnica superior en Gráfica Publicitaria pola Escola de Arte de Salamanca e titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía en ESAD Galicia. Desenvolveu a súa actividade profesional en diversos eidos, maioritariamente relacionados coas artes escénicas, nos que se ocupou da parte plástica e técnica como iluminadora, escenógrafa e videocreadora en diferentes compañías coma Inversa Teatro, Cía Borja Fernández ou Triatreros. Iniciouse como videojockey no trío acústico Trilitrate, co que traballa e acompaña bandas e espectáculos en vivo con imaxes xeradas en tempo real. Combinou soportes e formatos coma o stop-motion, a cámara a tempo real e infografías para crear atmosferas acordes con espectáculos en directo. Entre as súas últimas actividades destaca o seu traballo como videojockey no II Festival Metamovida (2015), desenvolvido na Sala Capitol de Santiago de Compostela; e as videoproxeccións para o espectáculo Insulto ao público (2016), de Peter Handke, dirixido por Uxía P. Vello e Borja Fernández e estreado no Festival Escenas do Cambio en Santiago de Compostela.

Máis informaciónhttp://lauiturralde.com/


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras