Laura García Calleja

Laura García Calleja

Criada en Namur, Bélxica, estableceuse en Cangas de Onís (Asturias) aos 10 anos. Cursou  o grao medio de Laboratorio de Imaxe e o grao superior de Técnico de Son na Escola de Comunicación, Imaxe e Son de La Felguera. Trasladouse a Pontevedra para estudar na Facultade de Belas Artes, onde descubriu o mundo audiovisual. Realizou curtas, videoinstalacións, vídeos musicais experimentais e documentais, entre outras obras. A súa curtametraxe Silencio por favor recibiu o primeiro premio da modalidade de curta narrativa do XIII Premio de Creación Audiovisual da Uvigo. Entre as súas obras recentes destacan o vídeo musical experimental Invierno (2015).

Obras


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras