Lara Bacelo

Lara Bacelo

Naceu en Mos en 1981 e estudou realización audiovisual na EIS de Vigo. As súas primeiras creacións datan do ano 2002, entre as que figuran o videopoema Ollos da cidade. Recibiu o premio MIVICO 2007, da Mostra Internacional de Videocreación do Condado, á mellor creación galegoportuguesa polo traballo experimental Carta dun domingo pola tarde. Nese mesmo festival estreou o documental Conversas con Deus (2007) sobre a vida do poeta ponteareán Pastor Rodríguez. Logo da morte do artista John Balan realizou o documental para a Sala Nasa titulado John Balan, detrás da porta (2008), no que investigou sobre os aspectos esquecidos da biografía do pontevedrés.  En 2009 presentou a curtametraxe experimental Varona, unha revisión sobre a figura da muller, e en 2012 gañou o Certame de Curtas para Rosalía 2012 da Asociación Socio-Pedagóxica Galega con Vaguedades. Conta cunha serie de pequenas pezas experimentais que difundiu a través de Internet.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras