Isaura Docampo

Isaura Docampo

Diplomada en Guión e Dirección de Cine na Escola Galega de Cine. Dedícase ao cinema e á fotografía desde 2006, ano no que se graduou en Guión e Dirección. En 2008 trasladouse a Londres, onde continuou desenvolvendo a súa carreira profesional. Nos últimos tempos estivo traballando como freelance na realización de videoclips, vídeo industrial e reportaxe social. Entre os seus últimos traballos figura o vídeo Na cidade de Kruckenberg  (2015) para o colectivo artístico Proyecto Ewa.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras