Iria Silvosa

Iria Silvosa

Naceu en Vilalba en 1992. Titulada en Realización, actualmente estuda Comunicación Audiovisual en Pontevedra. Mentres cursaba os seus estudos na Escola de Imaxe e Son de Vigo iniciouse no eido da edición e posprodución e realizou a montaxe de diversas curtas. Durante a súa carreira universitaria comezou a interesarse polo documental e o xénero de non ficción, experimentando, por mero pracer persoal, con pezas moi breves. Realizou Extraño (2015), a súa primeira peza cun carácter máis sólido, que foi finalista do certame audiovisual universitario de Córdoba, Suroscopia, e foi proxectada dentro da sección Retratos de Familia do Festival de Cans 2016. Recentemente estreouse Fulgor (2016), peza xurdida do obradoiro impartido por Lois Patiño dentro do festival Novos Cinemas de Pontevedra.

Recentemente incorporada ao equipo da webserie DalleJas, compaxina o seu labor de edición e posprodución, así como de etalonaxe de curtas, con traballos de índole persoal na liña da non ficción, coma o proxecto LAR (2016), co que está a indagar nas pegadas impresas nos espazos deshabitados e na correspondente pegada emocional.

  • 2013 Videoclip Overhear-Area 51 (edición e posprodución)
  • 2013 A veces el amor (edición e posprodución)
  • 2015 Laranxa e media (edición e posprodución)
  • 2015 De volta ó rural (segunda temporada, edición e posprodución)
  • 2015 Vento ferido (posprodución)
  • 2015 Extraño (dirección e edición)
  • 2016 [Acróstico] Poesía última de amor e enfermidade (videopoema, dirección e edición)
  • 2016 Webserie DalleJas (edición e posprodución)
  • 2016 Fulgor (dirección e edición)
  • 2016 Prevenidos (webserie, curso de Celanova)

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras