Gael Herrera

Gael Herrera

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Católica de Chile (DUOC) e técnica superior en Realización de Cinema e Televisión (CEV, Madrid).

Foi seleccionada pola Berlinale Talent Campus 2005 (Berlín). Traballou como cámara e iluminadora na Asian Film Academy, na India. Posteriormente asentouse en Galicia, onde traballou para Localia Televisión e, en paralelo, xunto a Román Gutiérrez, creou A Productora Morta, na que desenvolveu diversos proxectos de vídeos, curtas e películas. Foi a creadora e directora de Curtocircuíto, festival internacional de cinema de Santiago de Compostela. Máis tarde trasladouse a Chile, onde traballou en Santos, de Nicolás López. De regreso a Santiago de Compostela fundou, con Margarita Morello, Oroboro Films, produtora especializada na gravación de obras de teatro e música. Recentemente fundou Vemo.tv, onde desenvolve actualmente o seu traballo como realizadora.

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras