Eva Calvar

Eva Calvar

Nacida en Cangas en 1990, estudou a licenciatura en Comunicación Audiovisual e o mestrado en Dirección de Arte en Publicidade da Universidade de Vigo. Tamén cursou estudos de community manager e de deseño gráfico e actualmente -a comezos de 2016- está a realizar o grao en Publicidade e Relacións Públicas. A súa carreira profesional comezou no ano 2011 en postos de redacción e produción en medios de comunicación. Tamén desempeñou labores de comunicación en liña e deseño en diferentes empresas. O seu primeiro contacto coa dirección e a realización produciuse en 2012 coas obras Experiencia directa de un objeto e Encorsetada, coas que adoptou a videoarte como forma de expresión. Traballa en diferentes proxectos de videocreación e tomou contacto con fotografía analóxica.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras