Diana Gonçalves

Diana Gonçalves

Nacida en Tui en 1986, é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo (2008) e conta cun mestrado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). En 2009 produciu e realizou o seu primeiro documental, Mulleres da raia, que recibiu varios premios en diversos festivais. Posteriormente traballou como realizadora na produtora Pórtico Audiovisuais. No campo da produción traballou para a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) na organización de varios encontros do programa Creativa, de intercambio cultural entre España e Portugal. Tamén traballou no estudio de posprodución sonora cinematográfica Cinemar Films. En 2010 coordinou a retrospectiva documental Carlos Velo: Mirar al margen e foi programadora de Filminho, o Festival de Cine Galego e Portugués. Entre 2009 e 2013 foi membro do laboratorio documental El Retrato Filmado, dirixido por Marta Andreu. A comezos de 2016 traballa na posprodución de Palmira, froito dos cinco retratos elaborados nos anos de laboratorio.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras