Deborah Vukusic

Deborah Vukusic

Nada en Ourense en 1979, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Alcalá e en Arte Dramática pola RESAD. Desde 2005 combina o seu traballo de actriz co de escritora. Ten publicados varios libros, Guerra de identidad (2008) e Perversiones y ternuras (2009), traducidos a catro idiomas, e colabora en máis dunha ducia de escolmas de poesía e relato. Interpretou múltiples papeis en teatro, cine e televisión. Entre os seus últimos traballos como actriz destacan as longametraxes A praia dos afogados, Inevitable, A pesar de todo quérote, Vilamor, Todos os santos e Personal Movie. Presentou e guionizou Máis retranca (2013-2014), un programa de humor para a TVG. Ademais, dirixiu e guionizou Derbi Love (2015), unha radionovela en verso para Radio Marca, adaptación de Romeo e Xulieta, levada á historia de amor entre unha celtista e un deportivista, e TOP 10 (2007), un magazine musical de oito programas para Localia. Tamén codirixiu, produciu e guionizou a serie web Joke Business (2012-2014). A comezos de 2016 escribe o guión Chano, con Ángel de la Cruz, e traballa no guión e a preprodución da que será a súa primeira longametraxe como directora, Callar por no haber hablado.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras