Cora Peña

Cora Peña

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e graduada na especialidade de Dirección de Fotografía pola Escuela Internacional de Cine y TV de San Antonio de los Baños, en Cuba. A súa experiencia profesional é multidisciplinar, xa que desenvolveu tarefas de directora, directora de fotografía, montadora e guionista. Tamén exerceu de docente. Entre os seus traballos máis recentes destaca a longametraxe documental Tesouro de Corcoesto (2015), que guionizou, dirixiu e produciu. Tamén se ocupou da dirección, produción, gravación e montaxe do documental Apash, los de fuera (2011), en coprodución coa TVG, que recibiu o premio Ñirre da Muestra de Cine Polo Sur Latinoamericano. Tamén dirixiu as curtametraxes de ficción Cuatro cartas (2008), Galáctea (2001) e a mediametraxe musical The Last Patrol (2000), ademais de participar en diversas docuseries para televisión. Tamén asinou os guións Maybe Managua, O embigo de Eva e O campo do vento. A comezos de 2016 traballa como profesional free-lance, con equipo propio de gravación e montaxe, orientada especialmente cara ao xénero documental.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras