Claudia Brenlla

Claudia Brenlla

De pai e nai galegos, naceu en Brasil en 1964. Licenciada en Dereito, introduciuse no cinema da man do Cineclube Lumiére e da rodaxe de The last Patrol (Cora Peña, 2000). Como integrante do colectivo vigués La Casa Mortimer aprendeu os distintos oficios en rodaxes de ficción fantástica. Entre 2001 e 2004 realizou dous documentais etnográficos para a serie de TVE Sound stones, músicas del mundo, gravados en Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe, titulados Cabo Verde Morabeza e Leve–leve, unha rumba africana. Logo veu o documental O club dos sen teito (2008), gravado durante unha longa estadía en Brasil. As imaxes rexistradas nese país levárona a desenvolver un proxecto de longametraxe experimental sobre as emocións, Animus mutandi, que non chegou a rematar. Tamén en 2008 presentou a curtametraxe Bata por fóra (muller por dentro), un vídeo de linguaxe arriscada que continúa a ter proxección en festivais e foros documentais, educacionais e artísticos. A comezos de 2016 a autora traballa no material que deu orixe a esta curta, gravado no ano 2006 na Illa de Ons.

Máis información: www.claudiabrenlla.com

Obras


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras