Clara Sobrino

Clara Sobrino

Nacida en Luxemburgo en 1989, pasou a súa infancia en Galicia, onde cursou os seus estudos e obtivo o grao de Belas Artes da Uvigo. Cursou en Bruxelas o mestrado Récits et Expérimentation. Narration Spéculative na École Supérieure des Arts e, paralelamente, realizou diversas actividades, coma as prácticas na galería Lightmachine de Gante e no Cine Nova de Bruxelas. Nesta última cidade tamén traballou entre 2012 e 2015 no centro de arte Argos, especializado en vídeo. Participou en exposicións e festivais coma o ciclo Cineuropa e o CGAI, ambos os dous en Santiago de Compostela, e recibiu diversos recoñecementos, coma o premio Xuventude Crea ou a bolsa da Deputación da Coruña para desenvolver un proxecto artístico no estranxeiro. A comezos de 2016 realiza o doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea na facultade de Belas Artes de Pontevedra, cun contrato predoutoral da Xunta de Galicia. O tema da súa tese é a relación entre o transo fílmico e o transo musical en películas que amosan rituais musicais, pero os seus temas de investigación esténdense cara á reflexión sobre o dixital como desdobramento da realidade e a arte con vontade de transcendencia. A súa actividade artística céntrase no vídeo, na animación e na música.

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras