Carmen Domínguez Penelas

Carmen Domínguez Penelas

Naceu en Vigo. É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. En 1979 incorporouse aos servizos informativos de TVE, onde traballou como reporteira en diferentes programas de actualidade coma Hora 15 e En portada. Foi tamén subdirectora de Viéndolas venir e Metrópolis. En xaneiro de 1990 incorporouse á recén creada Antena 3, na que ocupou diferentes cargos directivos, desde adxunta ao xerente de programas de entretemento a subdirectora de programas de ficción. Deixou Antena 3 en 1996 para regresar a TVE como directora de novos proxectos e coproducións internacionais e asistiu ao nacemento de Vía Digital como directora das canles temáticas desta plataforma. En 2009 puxo en marcha e dirixiu, desde New Atlantis, o espazo de TVE Españoles en el mundo, ata maio de 2011, data na que se incorporou ao grupo Ganga como directora de contidos. Posteriormente estivo noutras empresas. A comezos de 2016 produce, coa súa empresa Mykado Media, unha serie documental para Canal Historia, titulada Guerra Civil española, ensayo de la II Guerra Mundial. Ten o premio Talento concedido pola Academia da TV.

Obras

  • icono

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras