Carmen Bellas

Carmen Bellas

Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 2008, tras o seu paso como bolseira pola Universidade de Patras (Grecia), a Universitè Libre de Bruxelles (Bélxica) e a Universidade Autónoma de Madrid. Compaxinou estes estudos coa formación audiovisual e en 2011 obtivo a diplomatura en Dirección Cinematográfica pola Escola de Cinematografía e Audiovisuais de Madrid. Escribiu, dirixiu e editou a mediometraxe documental La mecánica secreta del cuerpo, como encargo para a Fundación do Hospital Nacional de Parapléxicos e, posteriormente, creou, baixo o mesmo título, unha peza de danza e visuais que chegou a ser finalista da primeira edición do concurso Talent dos Teatros del Canal de Madrid. Traballou durante un ano na produtora Amigo Films e en 2013 realizou os vídeos institucionais do Museo de Valencia, así como a súa segunda curtametraxe, La visita, que se estreou en numerosos festivais internacionais e foi subvencionada polo ICAA e a Comunidade de Madrid. Viviu en México D. F. entre setembro de 2013 e febreiro de 2015, onde realizou os videoclips El aprendiz de mago, do grupo Incendios, Pegamento, de Paracaídas, e Imperfecta compañía, de Paty Bermúdez. Dirixiu a súa primeira longametraxe documental La isla (2015), como encargo para o colectivo de arquitectos Basurama


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras