Carme Nogueira

Carme Nogueira

(Vigo, 1970) Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e doutora pola Universidade de Vigo, foi profesora asociada e investigadora nesta universidade e bolseira na Hochschule der Künst, en Berlín. Realizou residencias artísticas en institucións de diversos países e é autora de publicacións, artigos e conferencias sobre a representación e a identidade. Entre os seus proxectos destacan as videoproxeccións 25 minutos 55 segundos diarios (2004), Travesía de Vigo (2006), O río, a terra, a fábrica (2007), así como a videoinstalación Porteños, producida para o proxecto Valparaíso-Intervenciones, en Chile. Durante 2011 traballou en Berlín no proxecto de videoinstalacións Bewegtcentrum (O centro en desprazamento), cunha bolsa da Fundación Botín. Posteriormente realizou en París o proxecto O centro en desprazamento II: La citoyennetè, cunha bolsa de arte e investigación Montehermoso 2011. O proxecto tivo continuidade en 2014 coa exposición "La ciudad después de los aplausos", comisariada por Manuel Segade, no Centre d'art Contemporain de la Ville de Clichy, en París. En total, conforman unha serie de 8 vídeos acompañados dunha guía cada un.

Máis información: www.cntxt.org


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras