Carla Fernández Andrade

Carla F. Andrade

Artista visual nacida en Vigo en 1983, é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Salamanca e a comezos de 2016 estuda Filosofía na UNED. Mediante a fotografía, o vídeo, o cinema, o son ou a instalación crea unha linguaxe propia e xera pensamento a través da forma e a experiencia estética. Realizou residencias artísticas en Islandia, Suecia, Bilbao, La Rioja, Nepal e Chile e exhibiu o seu traballo de forma individual no MAC da Coruña, no Colegio de España en París, na galería Trinta en Santiago de Compostela, no CDAN en Huesca, na Casa das Artes en Vigo, na Fundación BilbaoArte e na Fundación FIArt en Madrid, ademais de expoñer de forma colectiva en numerosas institucións e galerías. Entre os seus galardóns destacan o primeiro premio de Artes Plásticas 2013 da Universidade Complutense de Madrid, o premio Artistas Emerxentes Absolut Casa/Arte 2013, o premio Frac Vila de adquisición 2013 da Galería Luis Adelantado de Valencia, o premio Mulleres-Foro-Diálogo Alliançe Française/Pilar Citoler 2012, o premio de Fotografía Comunidad de Madrid SUMMA 2015 (accésit) e o terceiro premio Arte Joven Gobierno de La Rioja 2015, entre outros. Foi bolseira coas Axudas á Creación Nova do Injuve, da Fundación BilbaoArte, da VEGAP e das Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro de Gas Natural Fenosa. Ademais, o seu traballo fotográfico formou parte de múltiples publicacións. Destaca a súa colaboración co cineasta Lois Patiño en dúas das súas películas máis premiadas, Costa da Morte e Montaña en sombra. Está representada pola Galería Trinta de Santiago de Compostela e a Galería Aldama-Fabre de Bilbao.

Máis información: www.carlafernandezandrade.com


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras