Bibiana Juanes

Bibiana Juanes

Desde os dezaoito anos comezou a colaborar en diferentes curtametraxes como script e produtora. A súa paixón pola sétima arte levouna ata Madrid e de alí directamente a Austria. Tras dous anos traballando na radio de Salzburg, dirixiu a súa primeira curtametraxe, Du bist Perfekt (Es perfecta), financiada pola Unión Europea. Regresou a Galicia e estudou Comunicación Audiovisual, tempo no que dirixiu o videoclip La suprema satisfacción, da banda Eladio y Los Seres Queridos; o documental Un ano no río Gafos; o concerto de Fratelli Negroni en Santiago de Compostela; e a curtametraxe Dende o soño, coa que gañou o segundo premio da Universidade de Vigo no ano 2010. Ao rematar a licenciatura cursou o mestrado en creación, desenvolvemento e comercialización da UVigo e presentou como proxecto final o seu primeiro guión de longametraxe, El arte amatorio de Rumona, no que segue a traballar. Foi coguionista e codirectora do documental Gases nobles e da curta 28D e escribiu e dirixiu a curta Mi nevera, que se estreou no Festival de Cans 2013. A comezos de 2016 traballa como auxiliar de dirección en diferentes series da TVG e coguioniza o proxecto de ficción seriada para televisión Escondite inglés.

 Máis información: Portfolio Bibiana Juanes


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras