Belén Sousa

Belén Sousa

Guionista e directora de cine de animación nacida en Tui en 1988. É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un mestrado en Cine de Animación por Ordenador e outro en Patrimonio Cultural, ambos os dous cursados na Universidade das Illas Baleares. É guionista da curtametraxe de animación 3D Only You, gañadora do Premio do Público no X Festival de Cans á mellor curtametraxe de animación e candidata aos Premios Mestre Mateo 2013 na categoría de mellor curtametraxe de animación. Desde 2012 traballa como artista 3D na Universidade das Illas Baleares, creando anuncios publicitarios, curtametraxes (El Capitán de la Rosa e Chanson d´Amour) e videoxogos. Ademais é deseñadora gráfica freelance, creadora publicitaria de aplicacións móbiles nas que se mesturan o turismo, a divulgación do patrimonio cultural e a animación 3D. Desde xaneiro de 2014 ata novembro de 2015 traballou en CGPills como rotomation artist, facendo a conversión a 3D estereoscópica de filmes coma Maleficient, Godzilla, Jupiter Ascending, The Hobbit, Insurgent, Pixels, Pan ou The Hunger Games, entre outros.

Máis información: http://belensousa.wix.com/belensousa

Obras

  • icono Camas urbanas
  • icono Only You
  • icono Santiago: un retrato en tres niveis

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras