Belén Andrés Iglesias

Belén Andrés Iglesias

Estudou Belas Artes en Pontevedra, cidade na que naceu en 1990, e cursou o Mestrado de Dirección de Arte Publicitaria no mesmo campus. En 2013, xunto a Elena Bello e Pablo Loureiro, realizou o vídeo experimental Blast, no que xogaba coa cámara e as cores e, tras esta primeira toma de contacto, repetiu colaboración e gravou 00:00, unha idea que xurdiu dun pesadelo e que recrea a sensación de desorientación. En 2014 embarcouse co mesmo equipo nun novo reto, RED, un relato que plasma os praceres nun instante e para o que buscaron un logotipo, uns actores e un estilismo acordes coa idea. Para o proxecto final de carreira propúxose dar un paso adiante e, xunto con Elena Bello, deseñou un produto de mulleres para homes, que finalmente rematou falando da non identidade e da igualdade; así se creou Alex (2015). A comezos de 2016 ten en curso varios proxectos.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras