Beatriz Vázquez Campaña

Beatriz Vázquez Campaña

Vigo, 1980. Licenciada en Publicidade e Relacións públicas e diplomada na Escola de Cine de Galicia. Na actualidade dedícase profesionalmente á videocreación para dúas marcas téxtiles con sede en Galicia: Purificación García e CH Carolina Herrera. Anteriormente traballou como produtora creativa en Deboura Cultural e exerceu brevemente de xornalista na Radio Galega e en Atlántico Diario. En 2006 realizou a súa primeira experiencia audiovisual co documental Un metro cadrado -cunha subvención da Xunta de Galicia-, que foi seleccionado ese mesmo ano no festival de documentais de Erandio e no de curtametraxes do Casino de Vilagarcía. O mesmo ano participou como axudante de dirección no documental A cidade perdida, de Miguel Romero. En 2007 realizou Quietos, como proxecto de fin da diplomatura na Escola de Cine. Foi seleccionada nos festivais de cine de Ourense e en Cineuropa dentro da sección dedicada ás curtametraxes galegas. En 2013 realizou a curta Berta, 2 minutos, xunto aos alumnos do CIP da Farixa, en Ourense. Os seus traballos poden verse no sitio web Little Filmes.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras