Area Erina

Area Erina

Licenciada en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid e cun mestrado en Profesorado de Filosofía pola Universidade Santiago de Compostela, formouse en edición e montaxe de vídeo en diversas escolas e cursos en Madrid e Galicia. Está interesada no campo do cinema de non-ficción e experimental e asinou obras coma The Fashion Religion, seleccionada no Festival Jornadas de Reapropiación 2014, en México, e Derrota programada, seleccionada no Visible Verse Festival 2015, en Canadá. O seu labor creativo máis recente está centrado na formación CintaAdhesiva, un proxecto multidisciplinar e experimental no que se conxugan música, poesía e imaxe coa realización da montaxe en directo, tamén chamado live cinema. Ademais, traballou en proxectos de cinema e televisión, a maioría para a TVG e a produtora Filmanova, e realizou traballos de promoción e publicitarios como autónoma para a película A esmorga (2015), a obra de teatro O crédito (2015) e o Óptica Festival del Videoarte (2010).


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras