Anxos Fazáns

Anxos Fazáns

Naceu en Pontevedra en 1992. Graduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e, posteriormente, realizou o máster de Dirección de Cine na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya. Continuou complementando a súa formación a través de diferentes cursos, seminarios e obradoiros.

Traballou como axudante de dirección, segunda axudante e script en curtametraxes e longametraxes.

Ademais, escribiu, dirixiu e editou proxectos propios en diferentes formatos. Destacan as curtametraxes Direcciones e Nacer en septiembre, seleccionadas no Festival de Cans, no Porriño, os vídeos musicais para bandas galegas coma Pelusa ou Os Vacalouras ou a webserie Fame.

Na actualidade está editando a súa próxima curtametraxe, Area, e desenvolvendo a que será a súa primeira longametraxe, A estación violenta.

Máis información: www.anxosf.com


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras