Andrea Zapata-Girau

Andrea Zapata Girau

Directora e montadora nada en Vigo. Cursou estudos de música no conservatorio Mayeusis de Vigo e na Guildhall School of Music & Drama. Tras estudar dous anos de Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, en 2006 trasladouse a Finlandia e licenciouse na TAMK School of Art, Music & Media da Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, na especialidade de Montaxe Cinematográfica. Comezou a súa experiencia profesional nas empresas Infinia e Evasión Digital de Madrid, na postprodución de películas como Manolete (Manno Myjes), e tamén montando pezas para distintas artistas nórdicas. Entre 2006 e 2007 dirixiu as curtas Jiskra e Red, expostas en galerías de Suecia, Finlandia e Estonia. En 2008 realizou a súa primeira exposición en solitario e dirixiu en Finlandia o festival de cinema cubano Kuubalaisen Elokuvan Päivät, en colaboración co ICAIC e o Consello das Artes de Finlandia. En 2013 estreou na Filmoteca Española, presentada polo crítico Carlos Aguilar, a súa primeira longametraxe, Guitarra de palo, un documental antropolóxico-musical, sen diálogos nin narrador, rodado en varios países con artistas coma Antón Jiménez, Lola Greco, Jerry González, Jorge Pardo e Raimundo Amador. O filme participou en certames como o Festival de Cine de La Habana e o Chicago Latino Film Festival e posteriormente converteuse nun espectáculo estreado no teatro Symphony Space de Nova York que combinaba a proxección do filme cun concerto en directo dos seus protagonistas. Está a preparar unha película ambientada na Nova York latina dos anos 60 e 70.

Máis información: www.andreazapatagirau.com


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras