Andrea Area Fontán

Nacida en Portonovo en 1990, estudou Produción na Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde realizou o seu primeiro documental, Unidos ao mar. Posteriormente cursou o grao de Comunicación Audiovisual en Pontevedra e estudou durante seis meses Historia do Cine e da Imaxe en La Sapienza (Roma), mediante un programa Erasmus. Como traballo de fin de grao, en 2015 puxo en marcha o festival solidario Culturhelp na súa vila natal. Adquiriu experiencia profesional na produtora Lúa Filmes e na televisión en liña da Universidade de Vigo, UVigo TV, entre outras firmas. Aínda que desenvolveu a maioría do seu traballo no campo da produción, tamén gravou e editou reportaxes de televisión e realizou montaxes de equipos e probas para retransmisións en directo. Todos os seus traballos audiovisuais están relacionados coa súa realidade próxima, as persoas que viven na súa contorna e os problemas que máis lles afectan. Ademais, forma parte do grupo de rock & soul The Sharknadoos, co que ofreceu máis de 100 concertos. A comezos de 2016 instálase en Galway (Irlanda) coa intención de mellorar o inglés e coñecer outras culturas.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras