Ana Laura Pereira

Ana Laura Pereira

Directora de cinema e docente, desenvolve a súa carreira entre Galicia e Venezuela. Preside a asociación Reencanto Produccións e é fundadora do Festival Primavera do Cine en Vigo, que leva desenvolvidas tres edicións desde 2013. A súa primeira obra é unha docuficción de 17 minutos titulada Interior, filmada na Arxentina en 2007. En 2008 entrou a traballar en Venezolana de Televisión, canle para a que realizou numerosas reportaxes de investigación. En xuño de 2009 rodou, durante o golpe de estado en Honduras, o documental Eramos invisibles, unha longametraxe que recibiu o gran premio do Festival Santiago Álvarez In Memoriam de La Habana, así como o premio á mellor dirección. Os seus últimos traballos documentais son No Justice, No Peace. Baltimore 2015, codirixido con Eric Splinter, e Frontera de paz, codirixido con Eduardo Viloria. A comezos de 2016 está a rematar a segunda parte do documental filmado en Baltimore en 2015. 

Obras

  • icono El origen de los alimentos
  • icono En Santiago: la rebeldía del encuadre
  • icono Éramos invisibles
  • icono Frontera de paz
  • icono Interior
  • icono Jallalla
  • icono La historia del paramilitarismo en Colombia
  • icono La historia del paramilitarismo en Colombia
  • icono La tierra sobrevive
  • icono No Justice No peace. Baltimore 2015
  • icono Nos vemos en Sta. Inés; crónica de una gran victoria electoral
  • icono Panamá: La cumbre bolivariana
  • icono Tribunales de violencia contra la mujer
  • icono Wüinpala: agua para todos

Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras