Ana Belén Diz

Ana Belén Diz

Guionista, realizadora e produtora, cursou estudos en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, na especialidade de Produción e Realización. Investigou sobre o poder comunicativo dos decorados no cine, tema que centra os seus estudos de doutoramento en Madrid. Na súa traxectoria profesional participou en diferentes pezas audiovisuais desempeñando diversos traballos, coma a dirección de produción das curtametraxes Flores para Amalia, finalista dos Premios Mestre Mateo 2014, e Lurna, ambas as dúas do director Nani Matos. Como guionista pasou polo programa da TVG Cazador de palabras e realizou o guión de obras para o festival A Toda Mecha de Ribadeo. Tamén foi coordinadora técnica das salas de proxección do Festival de Cans 2015, no Porriño. A comezos de 2016 traballa no guión de varios proxectos persoais, na dirección dun documental, na produción dunha curta e na realización de videoclips musicais.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras