Amaya González Reyes

Amaya González Reyes

Nacida en Sanxenxo en 1979, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, nas especialidades de Escultura e Pintura, e conta cun mestrado en Artes Escénicas. Traballa como artista plástica e visual. Realizou estancias de traballo e formación en Arteleku (San Sebastián), no Museo Serralves (O Porto) e en Laboral Escena (Xixón) dentro do programa Mugatxoan. Recibiu a bolsa de creación artística da Fundación Laxeiro de Vigo, a bolsa de produción do programa Mugatxoan e a axuda á produción artística do Centro Cultural Montehermoso Kulturenea de Vitoria. A súa obra, que podería definirse como interdisciplinar, está presente en exposicións de arte contemporánea en centros de recoñecido prestixio, coma o CGAC, o MARCO, o MAC e o Círculo de Bellas Artes, así como en numerosas coleccións privadas e públicas.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras