Amancay Tapia

Directora de cinema e actriz de teatro nacida en Pontevedra, licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade Autónoma de Madrid e cursou un mestrado en cine no Goldsmiths College da Universidade de Londres. Asentada en Londres, foi finalista do concurso The Fourteen Islands Film Challenge, e coa súa curtametraxe La mujer invisible foi elixida para rodar unha curta nas Bahamas, na illa Harbour, que titulou The Girl on Holiday. Rodou en Bolivia a súa primeira longametraxe, Campo de batalla, que foi lanzada comercialmente en varios países de Latinoamérica. Nos últimos anos rodou, entre outras obras, as curtametraxes Face Yourself e Rescue me. Esta última obra gañou o premio á mellor película no Festival Internacional de Cine de México e foi parte da xira mundial de Directed By Women. Amancay Tapia é a creadora da web The Lady of the World e colaboradora do Huffington Post na súa versión global nos Estados Unidos.


Os contidos da sección Creadoras son responsabilidade exclusiva das súas autoras